Nokia 5530 XpressMusic - Solución de problemas

background image

22. Solución de problemas

Para ver preguntas frecuentes sobre o seu dispositivo, consulte as páxinas de

asistencia técnica do produto na páxina www.nokia.com/support.
P: Cal é o meu contrasinal para os códigos de bloqueo, PIN ou PUK?

R: O código de bloqueo predeterminado é 12345. Se esquece o código, póñase en

contacto co provedor do teléfono. Se esquece un código PIN ou PUK ou se non recibiu

dito código, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos de rede.

Se desexa obter máis información sobre os contrasinais, póñase en contacto co

fornecedor do seu punto de acceso, por exemplo, un fornecedor de servizos da

Internet comercial (ISP) ou un fornecedor de servizos de rede.

P: Como pecho unha aplicación que non está a responder?

R: Manteña premida a tecla Menú.
Manteña seleccionada a icona da aplicación e seleccione

Saír

.

P: Por que as imaxes semellan borrosas?

R: Asegúrese de que as ventás de protección do obxectivo da cámara estean limpas.

180 Solución de problemas

© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

background image

P: Por que cada vez que acendo o dispositivo aparecen puntos descoloridos,

brillantes ou que non aparecen na pantalla?

R: Esta é unha característica propia deste tipo de pantalla. É posible que algunhas

pantallas conteñan píxeles ou puntos que permanecen activados ou desactivados.

Isto é normal, non se trata dun fallo.

P: Por que non podo atopar o dispositivo do meu amigo mentres utilizo a

conectividade Bluetooth?

R: Comprobe que ámbolos dous dispositivos son compatibles, teñen activada a

conectividade Bluetooth e non están en modo oculto. Comprobe tamén que a

distancia entre os dous dispositivos non supera os 10 metros (33 polgadas) e que

non hai paredes nin demais obstáculos entre os dispositivos.

P: Por que non podo finalizar unha conexión Bluetooth?

R: Se se conecta outro dispositivo ao teléfono, pode finalizar a conexión desde o

outro dispositivo ou desactivando a conectividade Bluetooth no teléfono.

Seleccione

Menú

>

Axustes

e

Conectividade

>

Bluetooth

>

Bluetooth

>

Desactivado

.

P: Por que non podo ver un punto de acceso LAN (WLAN) sen fíos aínda que

sei que me atopo dentro do seu alcance?

R: É posible que o punto de acceso WLAN utilice un identificador de serie do servizo

oculto (SSID). Só pode acceder ás redes que utilizan un SSID oculto se coñece o SSID

correcto e creou un punto de acceso á Internet WLAN para a rede do teléfono Nokia.

Solución de problemas 181

© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

background image

P: Como desactivo a LAN (WLAN) sen fíos no meu dispositivo Nokia?

R: A WLAN do seu dispositivo Nokia desactívase cando non está conectado ou non

está a intentar conectarse a outro punto de acceso ou non está a escanear redes

dispoñibles. Para reducir máis o consumo de batería, pode especificar que o

teléfono Nokia non busque ou busque con menos frecuencia redes dispoñibles en

segundo plano. A WLAN desactívase entre as buscas en segundo plano.

Para cambiar os axustes das buscas en segundo plano, leve a cabo o seguinte:
1 Seleccione

Menú

>

Axustes

e

Conectividade

>

LAN sen fíos

>

Opcións

>

Axustes

.

2 Para aumentar o intervalo de tempo das buscas en segundo plano, axuste a

hora en

Buscar redes

. Para deter as buscas en segundo plano, seleccione

Opcións

>

Axustes

>

Amosar dispoñib. WLAN

>

Nunca

.

3 Para gardar os cambios, seleccione

Atrás

.

Se

Amosar dispoñib. WLAN

está axustado en

Nunca

, a icona de

dispoñibilidade de WLAN non se amosará na pantalla de inicio. Non obstante,

aínda pode buscar manualmente todas as redes WLAN dispoñibles e conectarse

a redes WLAN como de costume.

P: Que fago se a memoria está chea?

R: Elimine elementos da memoria. Se se amosa

Non hai memoria abondo para

efectuar a operación. Borre datos.

ou

Memoria baixa. Borre algúns datos da

memoria do teléfono.

cando está a eliminar varios elementos ao mesmo tempo,

elimine os elementos un a un, comezando polos máis pequenos.

182 Solución de problemas

© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

background image

P: Por que non podo seleccionar un contacto para a miña mensaxe?

R: A tarxeta de contacto non ten un número de teléfono, un enderezo ou un

enderezo de correo electrónico. Seleccione

Menú

>

Axenda

e o contacto axeitado,

e edite a tarxeta de contacto.

P: Como podo finalizar a conexión de datos cando o dispositivo inicia unha

conexión de datos repetidamente?

R: É posible que o dispositivo estea a intentar recuperar unha mensaxe multimedia

do centro de mensaxes multimedia. Para que dispositivo non realice unha conexión

de datos, seleccione

Menú

>

Mensaxería

e

Opcións

>

Axustes

>

Mensaxe

multimedia

>

Recuperación multimedia

. Seleccione

Manual

para que o centro

de mensaxes multimedia garde as mensaxes para recuperalas máis tarde, ou

Desactivado

para ignorar todas as mensaxes multimedia entrantes. Se selecciona

Manual

, recibirá unha notificación cando teña unha mensaxe nova no centro de

mensaxes multimedia. Se selecciona

Desactivado

, o dispositivo non realizará

ningunha conexión de rede relacionada coa mensaxería multimedia.

Para axustar o dispositivo para que utilice unha conexión de paquetes de datos só

se inicia unha aplicación ou acción que a necesita, seleccione

Menú

>

Axustes

e

Conectividade

>

Axustes admin.

>

Paquetes datos

>

Conexión paquetes

datos

>

Se cómpre

.

Se isto non soluciona o problema, desactive o dispositivo e volva activalo.

Solución de problemas 183

© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

background image

P: Podo utilizar o meu dispositivo Nokia como un módem de fax cun

ordenador compatible?

R: Non é posible utilizar o dispositivo como un módem de fax. Non obstante, coa

función de desvío de chamadas (servizo de rede), pode desviar as chamadas de fax

entrantes a un número de fax.

P: Como calibro a pantalla?

R: A pantalla vén calibrada de fábrica. No caso de que fose necesario volver calibrala,

seleccione

Menú

>

Axustes

e

Teléfono

>

Entrada toque

>

Calibración pantalla

táctil

. Siga as instrucións.

P: Por que se amosa a mensaxe de erro Certificado caducado ou Certificado

aínda non válido cando estou a instalar unha aplicación descargada?

R: Se se amosa

Certificado caducado

ou

Certificado aínda non válido

incluso no

caso de que o certificado debera ser válido, comprobe que a hora e a data do

dispositivo son correctas. É posible que omitise o axuste da data e da hora ao iniciar

o dispositivo por primeira vez, ou que a rede móbil non actualizase estes axustes

no seu dispositivo. Para resolver isto, seleccione

Menú

>

Axustes

e

Teléfono

>

Xestión teléfono

>

Axustes fábrica

. Restableza os axustes de fábrica e, cando se

reinicie o dispositivo, axuste a data e a hora correctas.