
Supervisión de todos os eventos de comunicación
Seleccione
Menú
>
Rexistro
.
Para abrir o rexistro xeral, no que se poden supervisar todas as chamadas de voz,
mensaxes de texto ou conexións WLAN sen fíos ou de datos rexistradas polo
dispositivo, seleccione a ficha de rexistro xeral
.
Os eventos secundarios, como unha mensaxe de texto enviada en varios fragmentos
e as conexións de paquetes de datos, rexístranse como un evento de comunicación.
56 Realización de chamadas
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

As conexións coa caixa de correo, co centro de mensaxes multimedia ou con páxinas
web amósanse como conexións de paquetes de datos.
Para ver cantos datos se transferiron e canto durou unha conexión de paquetes de
datos determinada, desprácese ata un evento entrante ou saínte indicado mediante
GPRS
e seleccione
Opcións
>
Ver
.
Para copiar un número de teléfono desde o rexistro ao portapapeis e pegalo nunha
mensaxe de texto, por exemplo, seleccione
Opcións
>
Utilizar número
>
Copiar
.
Para filtrar o rexistro, seleccione
Opcións
>
Filtrar
e un filtro.
Para axustar a duración do rexistro, seleccione
Opcións
>
Axustes
>
Duración do
rexistro
. Se selecciona
Ningún rexistro
, eliminaranse permanentemente tódolos
contidos do rexistro, o rexistro de últimas chamadas e os informes de entrega de
mensaxería.