Marcado por voz
O dispositivo crea automaticamente unha etiqueta de voz para os contactos. Para
escoitar a etiqueta de voz sintetizada, seleccione un contacto e, a continuación,
Opcións
>
Detall. da marcac. voz
. Desprácese ata a información dun contacto e
seleccione
Opcións
>
Reprod. Marcac. por voz
.
Realización de chamadas cunha etiqueta de voz
Nota: A utilización de etiquetas de voz pode resultar difícil en contornos con
ruído ou durante unha emerxencia, polo tanto, non debe confiar unicamente na
marcaxe por voz en todas as circunstancias.
Cando se usa o marcado por voz, utilízase o altofalante. Manteña o dispositivo a
pouca distancia cando diga a etiqueta de voz.
1 Para iniciar o marcado por voz, na pantalla de inicio, manteña premida a tecla
Chamar. Se se conectan uns auriculares compatibles con tecla de auriculares,
manteña premida esta tecla para iniciar o marcado por voz.
2 Reproducirase un ton curto e amosarase
Fale agora
. Pronuncie claramente o
nome que desexa gardar para ese contacto.
3 O dispositivo reproducirá unha etiqueta de voz sintetizada para o contacto
recoñecido no idioma do dispositivo seleccionado e amosará o nome e o
número. Para cancelar o marcado por voz, seleccione
Abandonar
.
Se se gardan varios números para un mesmo nome, tamén pode pronunciarse
ademais do nome, o tipo de número, como móbil ou fixo.
54 Realización de chamadas
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.