Reciclado
Cando o teléfono alcance o final da súa vida útil, poderán reciclarse todos os
materiais como outros materiais e enerxía. Para garantir a correcta eliminación e
reutilización, Nokia coopera cos seus asociados mediante un programa
denominado We:recycle. Para obter información sobre como reciclar os seus
produtos Nokia antigos e sobre onde atopar puntos de reciclaxe, visite a páxina
www.nokia.com/werecycle ou chame ao centro de atención ao cliente de Nokia.
Para reciclar os paquetes e guías de usuario, siga o procedemento habitual na súa
zona.
O símbolo do contedor con rodas riscado cun "x" no produto, a batería, as
instrucións ou a embalaxe lémbranlle que todos os produtos eléctricos e
electrónicos, as baterías e os acumuladores se deben refugar por separado ao final
da súa vida útil. Este requisito aplícase na Unión Europea. Non se desfaga deste
produto do mesmo xeito que dos residuos domésticos normais. Para obter máis
información verbo da incidencia no medio do teléfono, diríxase á páxina
www.nokia.com/ecoprofile.
Protección do medio 185
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.