
Comprobación do estado do sinal de satélite
O seu dispositivo non ten unha antena GPS interna. Para usar aplicacións que
requiren unha conexión GPS, use un receptor de GPS compatible (accesorio vendido
por separado).
Para comprobar cantos satélites atopou o receptor de GPS e se está a recibir os sinais
do satélite, seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Situación
e
Datos GPS
>
Posición
>
Opcións
>
Estado do satélite
.
Se o receptor de GPS atopou satélites, amosarase unha barra para cada un na vista
de información de satélites. Canto máis longa sexa a barra, máis potente será o sinal
do satélite. Unha vez que o receptor de GPS recibiu datos suficientes do sinal por
satélite para calcular as coordenadas da súa localización, a barra amósase de cor
azul.
Para ver a posición dos satélites atopados, seleccione
Camb. vista
.
Inicialmente, o receptor de GPS debe recibir sinais de polo menos catro satélites
para poder calcular as coordenadas da súa localización. Unha vez realizado o cálculo
inicial, pode que sexa posible continuar calculando a súa localización mediante tres
Posicionamento 119
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

satélites. Non obstante, polo xeral a precisión é mellor cantos máis satélites se
atopan.
Se non se atopa ningún sinal de satélite, considere as seguintes opcións:
•
Se se atopa nun lugar interior, diríxase ao exterior para recibir un sinal mellor.
•
Se se atopa ao aire libre, desprácese ata un espazo máis aberto.
•
Se as condicións climáticas non son boas, a intensidade do sinal pódese ver
afectada.
•
Algúns vehículos posúen cristais tinxidos (atérmicos) que poden bloquear os
sinais dos satélites.