
Transmisión por secuencias de contidos mediante conexión polo aire
En RealPlayer, só se pode abrir unha ligazón RTSP. Malia isto, RealPlayer reproduce
ficheiros RAM se abre unha ligazón HTTP a estes nun explorador.
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
RealPlayer
.
Para transmitir por secuencias contido polo teléfono (servizo de rede), seleccione
Ligazóns fluxo
e unha ligazón. Tamén é posible recibir unha ligazón de transmisión
por secuencias nunha mensaxe de texto ou multimedia ou abrir unha ligazón nunha
páxina web.
Antes de que o contido en directo comece a transmitirse por secuencias, o
dispositivo conéctase ao sitio e comeza a cargar o contido. O contido non se garda
no dispositivo.