
70 Mensaxería
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

Consello: Para evitar ter que volver escribir mensaxes que envía con frecuencia,
utilice os textos do cartafol Modelos en As miñas carp. Tamén pode crear e gardar
os seus propios modelos.
A mensaxería contén os seguintes cartafoles:
Caixa de entrada — As mensaxes recibidas, excepto as mensaxes de correo
electrónico e de información de cela, almacénanse aquí.
As miñas carp. — Organice as súas mensaxes en cartafoles.
Caixa de correo — Conéctese coa súa caixa de correo remota para recuperar
mensaxes de correo electrónico novas ou ver mensaxes de correo electrónico
recuperadas previamente fóra de liña.
Borrador — Os borradores das mensaxes que non se enviaron almacénanse
aquí.
Enviados — As últimas mensaxes que se enviaron, excepto as mensaxes
enviadas mediante a conectividade Bluetooth, almacénanse aquí. Pode cambiar o
número de mensaxes que desexa que se garden neste cartafol.
Caixa de saída — As mensaxes que están agardando a ser enviadas
almacénanse temporalmente na caixa de saída, por exemplo, cando o dispositivo
se atopa fóra da cobertura da rede.
Informes entreg. — Pode solicitar que a rede lle envíe un informe de entrega
das mensaxes de texto e mensaxes multimedia que enviou (servizo de rede).