
Escribir e enviar mensaxes
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
.
Mensaxería 71
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

Importante: Teña precaución ao abrir as mensaxes, xa que é posible que
conteñan software nocivo ou daniño para o dispositivo ou o ordenador.
Para poder crear mensaxes multimedia ou escribir correos, cómpre que estean
definidos os axustes de conexión axeitados.
É posible que a rede sen fíos limite o tamaño das mensaxes MMS. Se a imaxe inserida
excede este límite, o dispositivo pode reducila para que se poida enviar por MMS.
Só os dispositivos que dispoñen de funcións compatibles poden recibir e visualizar
mensaxes multimedia. É posible que a aparencia das mensaxes varíe en función do
dispositivo de recepción.
Consulte o límite de tamaño das mensaxes de correo co seu fornecedor de servizos.
Se tenta enviar unha mensaxe de correo que supere o límite de tamaño do servidor
de correo, a mensaxe quedará no cartafol Caixa de saída e o dispositivo intentará
enviala periodicamente. Para enviar un correo cómpre dispoñer dunha conexión de
datos e os intentos repetidos de reenvío de correos electrónicos poden aumentar
a súa factura do seu fornecedor de servizos. No cartafol Caixa de saída, pode borrar
a devandita mensaxe ou movela ao cartafol Borradores.
A mensaxería require servizos de rede.
Enviar unha mensaxe de texto ou multimedia
Seleccione
Nova mensaxe
.
Enviar unha mensaxe de audio ou de correo
Seleccione
Opcións
>
Crear mensaxe
, e a opción relevante.
Seleccionar os destinatarios ou grupos da lista de contactos
Seleccione da barra de ferramentas.
72 Mensaxería
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

Introducir o número ou o enderezo de correo manualmente
Puntee no campo
Para
.
Introducir o asunto da mensaxe multimedia ou de correo
Insírao no campo Asunto. Se o campo Asunto non está visible, seleccione
Opcións
>
Campos de enderezo
para cambiar os campos que estean visibles.
Escribir a mensaxe
Puntee no campo da mensaxe.
Engadir un obxecto para a mensaxe ou o correo
Seleccione e o tipo de contido relevante.
O tipo de mensaxe pode cambiar a mensaxe multimedia segundo o contido inserido.
Enviar a mensaxe ou o correo
Seleccione
, ou prema a tecla chamar.
O dispositivo admite mensaxes de texto de lonxitude superior ao límite para as
mensaxes simples. As mensaxes que superan ese límite envíanse coma dúas ou máis
mensaxes. O seu fornecedor de servizos aplicará unha tarifa correspondente ao
número de mensaxes enviadas. Os caracteres con acentos e outros signos de
puntuación, ou algúns idiomas ocupan máis espazo e limitan o número de
caracteres que é posible enviar nunha mensaxe.