Eliminación de mensaxes de correo electrónico
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
e unha caixa de correo.
Para eliminar os contidos dunha mensaxe de correo electrónico no dispositivo e
mantelos na caixa de correo remota, seleccione
Opcións
>
Borrar
>
Só do
teléfono
.
O teléfono reflicte as cabeceiras dos correos electrónicos da caixa de correo remota.
Aínda que elimine o contido da mensaxe, as cabeceiras das mensaxes de correo
electrónico permanecerán no teléfono. Se desexa eliminar tamén a cabeceira,
cómpre que estea conectado ao servidor cando elimine a mensaxe do dispositivo e
da caixa de correo remota. De non existir unha conexión co servidor, eliminarase a
cabeceira ao establecerse a conexión do teléfono á caixa de correo remota para
actualizar o estado.
Para eliminar un correo electrónico do dispositivo e da caixa de correo remota,
seleccione
Opcións
>
Borrar
>
Do teléfono e servidor
.
Para cancelar a eliminación dun correo electrónico marcado para a súa eliminación
do dispositivo e o servidor durante a próxima conexión ( ), seleccione
Opcións
>
Recuperar
.