Axustes de mensaxes de texto
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
e
Opcións
>
Axustes
>
Mensaxe texto
.
Seleccione unha das opcións seguintes:
Centros de mensaxes — Permite ver unha lista de todos os centros de mensaxes
de texto que se definiron.
Centro mensaxes en uso — Permite seleccionar que centro de mensaxes desexa
usar para entregar mensaxes de texto.
Codificación caracteres — Para utilizar a conversión de caracteres a outro sistema
de codificación cando estea dispoñible, seleccione
Soporte reducido
.
Informe de recepción — Pode solicitar que a rede lle envíe un informe de entrega
das mensaxes de texto que enviou (servizo de rede).
Validez das mensaxes — Permite seleccionar durante cánto tempo desexa que o
centro de mensaxes reenvíe a súa mensaxe se non o consegue a primeira vez
(servizo de rede). Se a mensaxe non se pode enviar dentro deste período de tempo,
eliminarase do centro de mensaxes.
Mensaxería 81
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Mensaxe enviada como — Para obter información acerca de se o seu centro de
mensaxes pode converter as mensaxes de texto nestes outros formatos, póñase en
contacto co seu fornecedor de servizos.
Conexión preferida — Permite seleccionar a conexión que desexa usar.
Resp. desde mesmo ctro. — Permite responder a mensaxes usando o mesmo
número do centro de mensaxes de texto (servizo de rede).