Camiñar ata o seu destino
Ao mercar unha licenza para a navegación de peóns, é posible crear rutas que
inclúan zonas peonís e parques, dar preferencia ás vías exclusivas para transeúntes
e estradas menores e ignorar as autoestradas.
Coa licenza tamén recibirá no dispositivo o servizo de busca avanzada, se está
dispoñible no seu país ou rexión. O servizo de busca avanzada permítelle procurar
actividades da axenda local e información relacionada coa viaxe ao efectuar buscas.
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Mapas
.
Mercar unha licenza para a navegación de peóns
Seleccione
Opcións
>
Tenda e licenzas
>
Opcións
>
Tendas en outras rexións
>
Todas as rexións
>
Explorador da cidade
. Pode pagar cunha tarxeta de crédito
ou incluír a compra na factura telefónica, se o permite o fornecedor de servizos.
128 Mapas
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Iniciar a navegación
Puntee unha localización, puntee na área de información sobre o mapa e seleccione
Camiñar a
.
A distancia entre os puntos de inicio ou fin da ruta a pé está limitada a un máximo
de 50 quilómetros e a velocidade de desprazamento a un máximo de 30 quilómetros
por hora. Se se excede o límite de velocidade, a navegación detense e continúa
cando a velocidade volve estar dentro dos límites marcados.
Se o destino está nun terreo sen estradas, a ruta amósase como liña recta para
indicar a dirección na que se debe camiñar.
Non hai guía de voz para a navegación para transeúntes, pero o dispositivo guíao
emitindo un ton ou unha vibración cada 20 metros aproximadamente antes de ter
que xirar ou efectuar outro procedemento. O método de guía depende dos axustes
do perfil activado nese momento no dispositivo.
Consultar unha descrición xeral da ruta
Seleccione
Opcións
>
Resumo da ruta
.
Deter a navegación
Seleccione
Deter
.