122 Mapas
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Con Mapas, pode ver a súa localización actual no mapa, explorar mapas de
diferentes cidades e países, buscar lugares de interese, trazar rutas desde unha
localización a outra, gardar localizacións e envialas a dispositivos compatibles.
Tamén pode mercar información de tráfico e servizos de navegación dispoñibles
para o seu país ou rexión.
É posible que algúns servizos non estean dispoñibles en todos os países e que só
aparezan nos idiomas seleccionados. É posible que os servizos dependan da rede.
Para obter máis información, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos de
rede.
O seu dispositivo non dispón dun receptor de GPS integrado. Para usar servizos de
Mapas que requiren unha conexión GPS, use un receptor de GPS externo compatible
(vendido por separado).
Cando utilice Mapas por primeira vez, é posible que necesite seleccionar un punto
de acceso á Internet para a descarga de mapas.
Se ten unha conexión de datos activa e navega polo mapa da pantalla, descargarase
automaticamente un mapa novo se se despraza ata unha zona que non estea
incluída nos mapas xa descargados.
Consello: Tamén pode empregar Mapas sen unha conexión á Internet, e explorar
os mapas que se atopan gardados no seu dispositivo ou tarxeta de memoria, se se
atopan dispoñibles no seu dispositivo.
Nota: A descarga de contidos como mapas, imaxes satélite, ficheiros de voz,
guías ou información de tráfico pode implicar a transmisión de grandes cantidades
de datos (servizo de rede).
Mapas 123
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Case toda a cartografía dixital é imprecisa e está incompleta ata certo punto. Nunca
confíe só na cartografía descargada para utilizarse neste dispositivo.