
Inserción da tarxeta SIM
Importante: Para evitar danos na tarxeta SIM, retire sempre a batería antes
de inserir ou extraer a tarxeta.
18 Introdución
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

Importante: Non empregue unha tarxeta SIM mini-UICC, tamén coñecida
como tarxeta micro-SIM, unha tarxeta micro-SIM cun adaptador ou unha tarxeta SIM
que dispoña dun interruptor mini-UICC (consulte a ilustración) neste dispositivo.
Unha tarxeta micro-SIM é máis pequena que a tarxeta SIM estándar. Este dispositivo
non admite o uso de tarxetas micro-SIM e o uso de tarxetas SIM incompatibles pode
danar a tarxeta ou o dispositivo e pode corromper os datos almacenados na tarxeta.
É posible que xa se atope inserida unha tarxeta SIM no teléfono. En caso contrario,
siga os pasos que se describen a continuación:
1 Abra a tapa da rañura da tarxeta SIM.
2 Insira unha tarxeta SIM na súa rañura correspondente. Asegúrese de que a zona
de contactos da tarxeta estea orientada cara abaixo e de que a esquina biselada
estea orientada cara ao teléfono. Empuxe a tarxeta cara o interior.
Introdución 19
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

3 Peche a tapa da rañura da tarxeta SIM. Asegúrese de que a tapa estea
correctamente pechada.
Se a tarxeta SIM non está colocada axeitadamente, o teléfono só se poderá
empregar no perfil Desconectado.