Inserción da tarxeta de memoria
Utilice únicamente as tarxetas microSD e microSDHC compatibles autorizadas por
Nokia para utilizar co dispositivo. Nokia utiliza estándares da industria autorizados
para as tarxetas de memoria, pero pode que algunhas marcas non sexan totalmente
compatibles con este dispositivo. As tarxetas non compatibles poden producir
danos na tarxeta e no dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
É posible que xa se atope inserida no dispositivo unha tarxeta de memoria. En caso
contrario, siga os pasos que se describen a continuación:
1 Abra a tapa da rañura da tarxeta de memoria.
22 Introdución
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
2 Insira unha tarxeta de memoria compatible na súa rañura correspondente.
Asegúrese de que a zona de contactos da tarxeta se atope orientada cara abaixo.
Empuxe a tarxeta cara o interior. Escoitará un clic cando a tarxeta encaixe no
seu lugar.
3 Peche a tapa da rañura da tarxeta de memoria. Asegúrese de que a tapa estea
correctamente pechada.