
Carga da batería
A batería ven cargada parcialmente de fábrica. Se o dispositivo indica que o nivel
de carga da batería é baixo, faga o seguinte:
1 Conecte o cargador a unha toma da parede.
2 Conecte o cargador ao dispositivo.
Introdución 23
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

3 Cando o dispositivo indique que a batería está completamente cargada,
desconecte o cargador do dispositivo e, a continuación, da toma de parede.
Non é preciso cargar a batería durante un período de tempo específico e é posible
utilizar o dispositivo mentres se está a cargar. Se a batería está completamente
descargada, é posible que teña que esperar varios minutos para poder efectuar
chamadas e para poder visualizar o indicador de carga na pantalla.
Consello: Desconecte o cargador da toma da parede cando non se estea a utilizar.
Un cargador conectado a unha toma de parede consume enerxía aínda que non
estea conectado ao dispositivo.