
Accións na pantalla táctil
Tocar e tocar dúas veces
Normalmente, para abrir unha aplicación ou outro elemento da pantalla táctil, terá
que tocalo co dedo ou co estilete, mais para abrir os elementos seguintes, cómpre
tocar neles dúas veces.
Introdución 31
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

•
Elementos de lista dunha aplicación, como o cartafol Borrador da lista de
cartafoles de Mensaxería
Consello: Ao abrir unha vista de lista, xa estará resaltado o primeiro elemento.
Para abrir o elemento resaltado, tóqueo unha vez.
•
Aplicacións e cartafoles do menú ao empregar o tipo de vista de lista
•
Ficheiros dunha lista, por exemplo, unha imaxe na vista de vídeos e imaxes na
Galería.
Se toca nun ficheiro ou un elemento similar unha vez, non se abre, resáltase.
Para ver as opcións dispoñibles para o elemento, seleccione
Opcións
ou, de
estar dispoñible, seleccione unha icona na barra de ferramentas.
Seleccionar
Nesta documentación para o usuario, por "seleccionar" enténdese abrir aplicacións
ou elementos tocando neles unha ou dúas veces. Se precisa seleccionar varios
elementos nunha secuencia, os elementos de menú que se van seleccionar
sepáranse mediante frechas.
Exemplo: Para seleccionar
Opcións
>
Axuda
, toque en
Opcións
e, a continuación,
en
Axuda
.
Arrastrar
Para arrastrar un elemento, tóqueo co dedo ou co estilete e deslíceo pola pantalla.
Exemplo: Para desprazarse cara arriba ou cara abaixo por unha páxina web,
arrastre a páxina co dedo ou co estilete.
32 Introdución
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

Desprazarse
Para desprazarse, deslice o dedo rapidamente na pantalla cara á esquerda ou á
dereita.
Exemplo: Cando estea a ver unha imaxe, para ver a seguinte ou a anterior, deslícea
cara á esquerda ou á dereita respectivamente.
Desbloqueo de pantalla con desprazamento
Desprazarse para desbloquear a pantalla táctil
Para desbloquear a pantalla táctil sen responder a unha chamada, despŕacese da
dereita á esquerda. O ton de chamada silénciase automaticamente. Para responder
á chamada, prema a tecla Chamar ou para rexeitala, prema a tecla Fin.
Desprazarse para responder a unha chamada
Para responder a unha chamada entrante, desprácese da esquerda á dereita.
Desprazarse para deter unha alarma
Para deter a alarma, desprácese da esquerda á dereita. Para repetir a alarma,
desprácese da dereita á esquerda.
Introdución 33
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

Desprazarse cara arriba ou abaixo
Para desprazarse cara arriba ou abaixo polas listas que dispoñan dunha barra de
desprazamento, arrastre o control deslizante da barra de desprazamento.
Nalgunhas vistas de listas pode desprazarse colocando o dedo ou o estilete nun
elemento da lista e arrastrándoo cara arriba ou abaixo.
Exemplo: Para desprazarse polos contactos, coloque o dedo ou o estilete nun
contacto e arrástreo cara arriba ou abaixo.
Consello: Para ver unha breve descrición das iconas e os botóns, coloque o dedo
ou o estilete nestes. As descricións non están dispoñibles para todas as iconas e
botóns.
Luz de fondo da pantalla táctil
Logo dun período de inactividade, a luz de fondo da pantalla táctil apágase.
Para acendela, toque a pantalla.
De estaren bloqueadas as teclas e a pantalla táctil, ao tocar esta non se acenderá a
luz de fondo da pantalla. Para desbloquear a pantalla e as teclas, deslice o
interruptor de bloqueo.
34 Introdución
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.