Vehículos
Os sinais de radiofrecuencia poden afectar aos sistemas electrónicos incorrectamente instalados ou protexidos dos
vehículos, por exemplo, os sistemas de inxección de combustible, os sistemas de ABS, os sistemas de control de velocidade
electrónicos e os sistemas de airbag. Para obter máis información, consulte co fabricante do vehículo ou do equipo.
O dispositivo só deberá ser reparado ou instalado nun vehículo por parte de persoal cualificado. Unha instalación ou
reparación defectuosa pode resultar perigosa e pode invalidar a súa garantía. Comprobe regularmente que todos os
dispositivos sen fíos do vehículo funcionen e estean montados correctamente. Non almacene nin transporte líquidos
inflamables, gases ou materiais explosivos no mesmo compartimento que o dispositivo, os seus compoñentes ou
accesorios. Recorde que os airbag despréganse con gran forza. Non coloque o dispositivo nin accesorios na zona onde se
desprega o airbag.
Apague o dispositivo antes de embarcar nun voo. O uso de teledispositivos sen fíos nunha aeronave pode resultar perigoso
para o funcionamento do avión, e pode ser ilegal.