Dispositivos médicos implantados
Os fabricantes de dispositivos médicos recomendan manter unha separación mínima de 15,3 centímetros (6 polgadas)
entre un dispositivo sen fíos e os dispositivos médicos implantados, como os marcapasos ou os desfibriladores
cardioversores implantados, para evitar posibles interferencias co dispositivo médico. As persoas que dispoñan dos
mencionados dispositivos deberán:
•
Manteña sempre o dispositivo sen fíos a máis de 15,3 centímetros (6 polgadas) do dispositivo médico.
•
Non transportar o dispositivo sen fíos no peto da camisa.
•
Sosteña o dispositivo sen fíos na orella oposta do dispositivo médico.
•
Apague o dispositivo sen fíos se sospeita que se están a producir interferencias.
•
Respecte as instrucións do fabricante correspondentes ao dispositivo médico implantado.
Se dispón dalgunha pregunta acerca da utilización do dispositivo sen fíos cun dispositivo médico implantado, póñase en
contacto co seu médico.