Chamadas de emerxencia
Importante: Este dispositivo funciona con sinais de radio, redes sen fíos, redes terrestres e funcións
programadas polo usuario. Se o dispositivo admite chamadas de voz a través da Internet (chamadas da Internet), active
as chamadas da Internet e o teléfono móbil. O dispositivo intentará efectuar as chamadas de emerxencia a través das
redes móbiles e do fornecedor de chamadas da Internet se se atopan activados. Non se pode garantir que a conexión
funcione en todas as condicións. Nunca dependa unicamente dun dispositivo móbil para efectuar comunicacións
importantes, como urxencias médicas.
Para efectuar chamadas de emerxencia, faga o seguinte:
1
Se o dispositivo está apagado, acéndao. Comprobe que a intensidade do sinal é a axeitada. En función do dispositivo,
é posible que tamén necesite realizar o seguinte:
•
Insira unha tarxeta SIM se o dispositivo utiliza unha.
•
Elimine as restricións das chamadas que estean activadas no dispositivo.
•
Cambie o perfil de modo de perfil desconectado a un perfil activo.
•
Se a pantalla e as teclas están bloqueadas, deslice o interruptor de bloqueo no lateral do dispositivo para
desbloquealas.
2
Prema a tecla Finalizar as veces necesarias para borrar a pantalla e preparar o dispositivo para as chamadas.
3
Para abrir o marcador, seleccione
Teléfono
ou
.
4
Insira o número de emerxencia oficial da localidade na que se atope. Os números de emerxencia poden variar en
cada localidade.
5
Prema a tecla Chamar.
Cando realice unha chamada de emerxencia, facilite toda a información necesaria do xeito máis preciso posible. É posible
que o teléfono sen fíos sexa o único medio de comunicación na escena dun accidente. Non finalice a chamada ata que
reciba permiso para facelo.
Información do produto e de seguridade 189
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.