Nokia 5530 XpressMusic - Coidado do dispositivo 

background image

Coidado do dispositivo
Manexe o dispositivo, a batería, o cargador e os accesorios con coidado. As seguintes suxestións axúdanlle a conservar a

cobertura da garantía.

Manteña o dispositivo seco. As precipitacións, a humidade e todos os tipos de líquidos poden conter minerais que

produzan a corrosión dos circuítos electrónicos. Se o dispositivo entra en contacto coa auga, retire a batería e agarde

a que o dispositivo se seque completamente antes de volver a colocala.

Non garde o dispositivo en lugares fríos.

Non intente abrir o dispositivo dun xeito distinto ao indicado nesta guía de usuario.

A utilización de modificacións non autorizadas pode danar o dispositivo e infrinxir a lexislación que regula o uso

de dispositivos de radio.

Non deixe caer, golpee nin axite o dispositivo.

186 Información do produto e de seguridade

© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

background image

Utilice só un pano seco, suave e limpo para limpar a superficie do dispositivo.

Apague o dispositivo e retire a batería de vez en cando para obter un rendemento óptimo.

Non acerque o seu dispositivo a imáns ou campos magnéticos.

Para manter os seus datos importantes seguros, almacéneos en polo menos dous lugares separados, por exemplo,

no seu dispositivo, na tarxeta de memoria ou no ordenador, ou escriba a información importante.