
Visualización de imaxes e vídeos
Seleccione
Menú
>
Galería
e
Imaxes e vídeos
.
De xeito predeterminado, as imaxes, videoclips e carpetas están organizadas por
data e hora.
Para abrir un ficheiro, seleccióneo da lista. Para ampliar unha imaxe, empregue a
tecla de volume.
Para editar un videoclip ou unha imaxe, seleccione
Opcións
>
Editar
.
Seleccione
Opcións
>
Usar ficheiro
e escolla entre as seguintes opcións:
Galería 111
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

Fixar como fondo — Permite utilizar a imaxe como fondo da pantalla de inicio.
Fixar como ima. cham. — Permite establecer a imaxe como imaxe de chamada
xenérica.
Asignar ao contacto — Permite establecer a imaxe como imaxe de chamada dun
contacto.
A barra de ferramentas permítelle seleccionar funcións de uso cotián de imaxes,
videoclips e cartafoles.
Na barra de ferramentas, seleccione unha das seguintes opcións:
Enviar — Permite enviar unha imaxe ou un videoclip.
Editar — Permite editar unha imaxe ou videoclip.
Borrar — Permite eliminar unha imaxe ou videoclip.