Teclado en pantalla
É posible usar o teclado en pantalla en modo horizontal.
Se os sensores e a rotación automática de pantalla están activados e vostede xira
o dispositivo, o modo de entrada de texto cambiará automaticamente entre
QWERTY a pant. comp. (teclado en pantalla) e Teclado alfanumérico (teclado
numérico en pantalla).
Escribir texto 63
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Se o modo de entrada de texto non cambia automaticamente e desexa introducir
texto mediante o teclado en pantalla, seleccione
>
QWERTY a pant. comp.
.
Se emprega o teclado en pantalla no modo horizontal e en pantalla completa,
poderá seleccionar as teclas cos dedos.
1 Pechar: pecha o teclado en pantalla.
2 Menú de entrada: abre o menú de opcións de entrada táctil, que inclúe
comandos como
Idioma de escritura
.
3 Teclado en pantalla
4 Bloqueo de maiúsculas: para escribir un carácter en maiúscula cando está a
escribir en minúscula, ou viceversa, seleccione esta tecla antes de introducir o
carácter. Para activar o bloqueo de maiúsculas, seleccione a tecla dúas veces.
Unha liña debaixo da tecla indica que o bloqueo está activado.
5 Letras: permite escribir letras.
6 Números e símbolos: permite escribir números e os caracteres especiais máis
comúns.
7 Acentos: permite seleccionar os acentos dos caracteres.
8 Barra de espazo: permite inserir un espazo.
9 Frechas: permiten mover o cursor cara atrás ou cara adiante.
10 Retroceso: permite eliminar o último carácter inserido.
11 Intro: permite mover o cursor á fila ou campo de entrada de texto seguinte. As
funcións adicionais están baseadas no contexto actual (por exemplo, no campo
de enderezos web do explorador web, actúa como o botón Ir a).
64 Escribir texto
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
12 Modo de entrada: permite seleccionar o método de inserción. Ao seleccionar un
método, o método actual péchase e ábrese o seleccionado.