Entrada de texto preditivo
Coa entrada de texto preditivo, é posible inserir calquera palabra cunha única tecla.
A entrada de texto preditivo baséase nun dicionario incorporado ao que se poden
engadir palabras novas. A entrada de texto preditivo non está dispoñible en todos
os idiomas.
1 Para activar a entrada de texto preditivo para tódolos editores do dispositivo,
seleccione
>
Activar predición
. Outra opción é seleccionar >
Activar
texto preditivo
.
68 Escribir texto
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
2 Para escribir a palabra desexada, use as teclas 2-9. Seleccione só unha vez cada
tecla para inserir unha letra. Por exemplo, para escribir "Nokia" cando se atopa
seleccionado o dicionario inglés, seleccione 6 para inserir o N, 6 para o o, 5 para
o k, 4 para o i, e 2 para o a.
A suxestión de palabras cambia despois de cada carácter.
3 Cando acabe de escribir a palabra correctamente, mova o cursor á dereita para
confirmala ou seleccione 0 para engadir un espazo.
Se a palabra non é correcta, seleccione * repetidamente para ver unha a unha
as palabras correspondentes que atopou o dicionario.
Se o carácter ? aparece despois da palabra, significa que a palabra non está no
dicionario. Para engadir unha palabra ao dicionario, seleccione a palabra
subliñada, escriba a palabra mediante o método de entrada de texto
tradicional, e seleccione
Aceptar
. A palabra engadirase ao dicionario. Cando o
dicionario está cheo, as palabras novas substitúen ás palabras máis antigas.
4 Comece a escribir a seguinte palabra.