
6. Escribir texto
É posible inserir letras, números e caracteres especiais de xeitos distintos. O teclado
en pantalla permítelle inserir caracteres tocando neles co estilete ou cos dedos. O
recoñecemento de escritura manual permítelle escribir caracteres directamente na
62 Escribir texto
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

pantalla empregando o estilete como un bolígrafo. O recoñecemento de escritura
a man pode non estar dispoñible en todos os idiomas.
Toque en calquera campo de entrada de texto para inserir letras, números e
caracteres especiais.
Grazas ao dicionario integrado, o dispositivo pode rematar as palabras que vostede
escribe no idioma seleccionado. O dispositivo tamén aprende palabras novas a
medida que vostede as vai inserindo.