Puntos de acceso á Internet WLAN
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Destinos
>
Punto de acceso
e
siga as instrucións.
Para editar un punto de acceso sen fíos (WLAN), abra un dos grupos de puntos de
acceso e seleccione un punto de acceso marcado con .
Siga as instrucións do seu fornecedor de servizos de WLAN.
Seleccione entre as seguintes:
Nome de rede WLAN — Seleccione
Introdución manual
ou
Buscar redes
. Se
selecciona unha rede existente, determinarase o modo de rede WLAN e o modo de
seguridade WLAN mediante os axustes do seu dispositivo de punto de acceso.
Estado de rede — Permite definir se desexa que se amose o nome da rede.
Modo de rede WLAN — Seleccione
Ad-hoc
para crear unha rede "ad hoc" e para
permitir que os dispositivos envíen e reciban datos directamente (non se necesita
un dispositivo de punto de acceso WLAN). Nunha rede "ad hoc", cómpre que todos
os dispositivos utilicen o mesmo nome de rede WLAN.
Modo seguridade WLAN — Seleccione a codificación utilizada:
WEP
,
802.1x
ou
WPA/WPA2
(802.1x e WPA/WPA2 non están dispoñibles para redes ad hoc). Se
Conectividade 141
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
selecciona
Rede aberta
, non se utiliza ningunha codificación. As funcións WEP,
802.1x e WPA pódense utilizar só se a rede as admite.
Páxina de inicio — Permite inserir o enderezo web da páxina de inicio.
Usar punto de acceso — Permite axustar o dispositivo para crear unha conexión
mediante este punto de acceso de xeito automático ou despois da súa confirmación.
As opcións dispoñibles poden variar.