Creación dun punto de acceso novo
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Destinos
.
É posible recibir os axustes do punto de acceso nunha mensaxe dun fornecedor de
servizos. Algúns ou todos os puntos de acceso poden preestablecerse para o
dispositivo polo seu fornecedor de servizos e pode que non sexa posible cambialos,
crealos, editalos ou eliminalos.
Cando abre un dos grupos de puntos de acceso ( , , ), pode ver os tipos de
puntos de acceso:
Conectividade 137
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
indica un punto de acceso protexido
indica un punto de acceso de paquete de datos
indica un punto de acceso LAN sen fíos (WLAN)
Consello: Pode crear puntos de acceso á Internet nunha WLAN co asistente de
WLAN.
Para crear un punto de acceso novo, seleccione
Punto de acceso
.
O dispositivo solicita a comprobación das conexións dispoñibles. Despois da busca,
as conexións que xa están dispoñibles amósanse e poden ser compartidas por un
punto de acceso novo.
Se ignora este paso, solicitaráselle que seleccione un método de conexión e que
defina os axustes necesarios.
Para editar os axustes dun punto de acceso, abra un dos grupos de puntos de acceso
e seleccione un punto de acceso. Siga as instrucións do seu fornecedor de servizos.
Nome da conexión — Permite inserir un nome para a conexión.
Portador de datos — Permite seleccionar o tipo de conexión de datos.
Dependendo da conexión de datos que seleccione, só estarán dispoñibles
determinados campos de axustes. Encha todos os campos marcados con
Cómpre
definir
ou cun símbolo * vermello. É posible deixar en branco outros campos,
excepto se o fornecedor de servizos indica o contrario.
Para utilizar unha conexión de datos, cómpre que o fornecedor de servizos admita
esta función e, se é necesario, a active para a súa tarxeta SIM.