
Creación de grupos de puntos de acceso
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Destinos
.
138 Conectividade
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

Algunhas aplicacións permítenlle utilizar grupos de puntos de acceso para as
conexións de rede.
Para evitar seleccionar un punto de acceso único cada vez que o dispositivo fai unha
conexión de rede, pode crear un grupo que conteña varios puntos de acceso para
conectar á rede e definir a orde na que se usan os puntos de acceso.
Por exemplo, pode engadir unha rede LAN sen fíos (WLAN) e puntos de acceso de
paquetes de datos a un grupo de puntos de acceso á Internet e usar o grupo para
navegar pola web. Se lle outorga á rede WLAN a prioridade máis alta, o dispositivo
conectarase á Internet por medio da WLAN se estivese dispoñible, e por medio
dunha conexión de paquetes de datos se non estivese.
Para crear un grupo de puntos de acceso novo, seleccione
Opcións
>
Administrar
>
Novo destino
.
Para engadir puntos de acceso a un grupo de puntos de acceso, seleccione o grupo
e
Opcións
>
Novo punto de acceso
. Para copiar un punto de acceso existente
doutro grupo, seleccione o grupo, toque no punto de acceso correspondente se non
se atopa resaltado aínda e seleccione
Opcións
>
Organizar
>
Copiar noutro
destino
.
Para cambiar a prioridade dun punto de acceso dun grupo, seleccione
Opcións
>
Organizar
>
Cambiar prioridade
.