
Conexións WLAN
Para utilizar unha conexión LAN sen fíos (WLAN), cómpre crear un punto de acceso
á Internet (IAP) para a WLAN. Utilice o punto de acceso para as aplicacións que
necesitan conectarse á Internet.
134 Conectividade
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

As conexións WLAN establécense cando crea unha conexión de datos mediante un
punto de acceso á Internet WLAN. A conexión WLAN activa finaliza cando finaliza a
conexión de datos.
É posible utilizar a WLAN durante as chamadas de voz ou cando o paquete de datos
está activo. Só pode estar conectado a un dispositivo de punto de acceso WLAN ao
mesmo tempo, pero varias aplicacións poden utilizar o mesmo punto de acceso á
Internet.
Se o dispositivo está no perfil Desconectado, aínda pode utilizar a WLAN (se está
dispoñible). Recorde cumprir con todos os requisitos de seguridade aplicables
cando estableza e utilice unha conexión WLAN.
Consello: Para consultar o enderezo MAC único que identifica o seu dispositivo, abra
o teclado de marcación e insira *#62209526#.