Acerca da WLAN
Para utilizar unha conexión LAN se fíos (WLAN), cómpre que estea dispoñible no
lugar onde se atope e que o seu dispositivo estea conectado a ela. Algunhas WLAN
están protexidas, e precisa dunha clave de acceso do seu fornecedor de servizos
para conectarse a elas.
Nota: É posible que a utilización de redes WLAN estea restrinxida nalgúns
países. Por exemplo, en Francia só está permitido utilizar redes WLAN en lugares
interiores. Para obter máis información, contacte coas súas autoridades locais.
As funcións que utilizan a WLAN, ou as que teñen autorización para executarse en
segundo plano mentres se utilizan outras funcións, aumentan a demanda de
enerxía da batería e reducen a vida útil da mesma.
O dispositivo admite as seguintes funcións WLAN:
•
IEEE 802.11b/g e WAPI estándares
•
Funcionamento a 2,4 GHz
•
Privacidade equivalente por cables (WEP) con claves de ata 128 bits, acceso
protexido a Wi-Fi (WPA) e métodos de autenticación 802.1x. Estas funcións
pódense utilizar só se a rede as admite.
Importante: Active sempre un dos métodos de cifrado dispoñibles para
aumentar a seguridade da conexión LAN sen fíos. A utilización do cifrado reduce o
risco de que accedan de xeito non autorizado aos seus datos.