Vinculación de dispositivos
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Conectividade
>
Bluetooth
.
Para vincular dispositivos compatibles e ver os dispositivos vinculados, abra a ficha
Disposit. vinculados
.
Antes da vinculación, cree o seu propio código (de 1 a 16 díxitos) e acorde co
propietario do outro dispositivo utilizar o mesmo código. Os dispositivos que non
presentan unha interface de usuario posúen un código axustado de fábrica. O
código utilízase só unha vez.
1 Para vincular un dispositivo, seleccione
Opcións
>
Novo disposit. vinculado
.
Amosaranse os dispositivos que se atopan dentro do seu alcance.
2 Seleccione o dispositivo e insira o código. Cómpre inserir o mesmo código
tamén no outro dispositivo.
146 Conectividade
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
3 Algúns accesorios de son conéctanse automaticamente co teléfono despois da
vinculación. De non ser así, para conectar calquera accesorio, seleccione
Opcións
>
Conec. con dispos. audio
.
Os dispositivos vinculados indícanse mediante o símbolo na busca de
dispositivos.
Para axustar un dispositivo como autorizado ou non autorizado, seleccione unha
das opcións seguintes:
Fixar como autorizado — As conexións entre o teléfono e o dispositivo autorizado
pódense realizar sen o seu coñecemento. Non se lle solicitará a súa autorización nin
aceptación. Utilice este estado só para os seus propios dispositivos, como os
auriculares compatibles, ordenadores ou dispositivos que pertenzan a unha persoa
de confianza. indica os dispositivos que se atopan autorizados na vista de
dispositivos vinculados.
Fixar non autorizado — Con esta opción, cómpre que as solicitudes de conexión
deste dispositivo se acepten por separado de cada vez.
Para cancelar a vinculación cun dispositivo, seleccione
Opcións
>
Borrar
.
Para cancelar todas as vinculacións, seleccione
Opcións
>
Borrar todos
.