Nokia 5530 XpressMusic - Acerca de Bluetooth

background image

Acerca de Bluetooth

A tecnoloxía Bluetooth integrada no dispositivo permite realizar conexións sen fíos

entre dispositivos electrónicos nun espazo de 10 metros. A conexión Bluetooth

pódese empregar para enviar imaxes, vídeos, texto, tarxetas de visita, notas da

axenda ou para conectarse sen fíos a dispositivos que utilicen a tecnoloxía

Bluetooth.
Dado que os dispositivos que empregan a tecnoloxía Bluetooth utilizan ondas de

radio, o seu dispositivo e os outros dispositivos non precisan estar apuntando uns

cara aos outros. Os dous dispositivos só precisan estar a unha distancia máxima de

Conectividade 143

© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

background image

10 metros, aínda que a conexión pode estar suxeita a interferencias de obstrucións

como paredes ou dispositivos electrónicos.
Pódense activar varias conexións Bluetooth á vez. Por exemplo, se o seu dispositivo

está conectado a un auricular, tamén pode transferir ficheiros a outros dispositivos

compatibles á vez.
O dispositivo é compatible coa especificación Bluetooth 2.0 + EDR que admite os

seguintes perfís: distribución de son avanzada, tratamento básico de imaxes,

identificación de dispositivos, conexión á rede por liña conmutada, transferencia

de ficheiros, acceso xenérico, distribución de son e vídeo xenérica, intercambio de

obxectos xenérico, mans libres, auriculares, envío de obxectos, acceso ao caderno

de teléfonos, porto en serie e acceso á SIM . Para asegurar a interoperabilidade con

outros dispositivos que dispoñan de tecnoloxía Bluetooth, utilice accesorios Nokia

homologados para este modelo. Póñase en contacto cos fabricantes dos outros

dispositivos para obter información sobre a compatibilidade con este dispositivo.
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth aumentan o consumo de enerxía e

reducen a duración da batería.