Transferencia de vídeo desde o ordenador
Transfira os seus propios videoclips ao Centro de vídeo desde dispositivos
compatibles mediante un cable de datos USB compatible. O Centro de vídeo amosa
só os videoclips que se atopan nun formato admitido polo dispositivo.
Centro de vídeo de Nokia 99
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
1 Para ver o teléfono nun ordenador como un dispositivo de memoria masiva ao
que pode transferir calquera ficheiro de datos, estableza a conexión cun cable
de datos USB.
2 Seleccione
Almacenaxe masiva
como modo de conexión. Cómpre inserir unha
tarxeta de memoria compatible no dispositivo.
3 Seleccione os videoclips que desexe copiar desde o ordenador.
4 Transfira os videoclips a E:\Os meu vídeos na tarxeta de memoria.
Os videoclips transferidos aparecerán no cartafol Os meus vídeos do Centro de
vídeo. Os ficheiros de vídeo doutros cartafoles do dispositivo non se amosarán.