Axustes do Centro de vídeo
Na vista principal do Centro de vídeo, seleccione
Opcións
>
Axustes
e unha das
seguintes opcións:
Selección do serviz. víd. — Seleccione os servizos de vídeo que desexa que
aparezan no Centro de vídeo. Tamén pode engadir, eliminar, editar e ver os detalles
dun servizo de vídeo. Non é posible editar servizos de vídeo preinstalados.
Axustes da conexión — Para definir o destino de rede empregado para a conexión
de rede, seleccione
Conexión de rede
. Para seleccionar manualmente a conexión
cada vez que o Centro de vídeo abre unha conexión de rede, seleccione
Preguntar
sempre
.
Para activar ou desactivar a conexión GPRS, seleccione
Confirmar uso de GPRS
.
Para activar ou desactivar a itinerancia, seleccione
Permitir itinerancia
.
Control de idade — Permite establecer un límite de idade para os vídeos. O
contrasinal requirido é o mesmo que o código de bloqueo do dispositivo. O código
de bloqueo predeterminado é 12345. Nos servizos de vídeo baixo petición,
ocúltanse os vídeos que teñan un límite de idade igual ou superior ao que estableza.
100 Centro de vídeo de Nokia
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Memoria preferida — Permite seleccionar se desexa que os vídeos descargados
se garden na memoria do dispositivo ou nunha tarxeta de memoria compatible.
Miniaturas — Permite seleccionar se desexa que se descarguen e vexan imaxes en
miniatura nas fontes de vídeo.