Nokia 5530 XpressMusic - Centro de vídeo de Nokia

background image

10. Centro de vídeo de Nokia

Con Centro de vídeo de Nokia (servizo de rede), pode descargar e transmitir por

secuencias videoclips mediante unha conexión polo aire desde servizos de vídeo da

Internet compatibles utilizando paquetes de datos ou a conexión WLAN. Tamén

pode transferir videoclips desde un ordenador compatible ao teléfono e visualizalos

no Centro de vídeo.
A utilización de puntos de acceso aos paquetes de datos para descargar vídeos pode

implicar a transmisión de grandes cantidades de datos a través da rede do seu

fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos para obter

información acerca das tarifas de transmisión de datos.
É posible que o teléfono dispoña de servizos predefinidos.
É posible que os fornecedores de servizos proporcionen contido de xeito gratuíto

ou que cobren unha tarifa. Consulte o prezo no servizo ou ao fornecedor de servizos.