Axustes de podcasting
Para abrir Nokia Podcasting, seleccione
Menú
>
Música
>
Podcasting
.
Antes de utilizar Nokia Podcasting, defina os axustes da conexión e da descarga.
O método de conexión recomendado é WLAN. Consulte co seu fornecedor de servizos
os termos e as tarifas do servizo de datos antes de empregar diferentes métodos
de conexión. Por exemplo, os plans de datos de tarifa plana poden permitir a
realización de grandes transferencias de datos previo pago dunha tarifa mensual.
Axustes de conexión
Para editar os axustes de conexión, seleccione
Opcións
>
Axustes
>
Conexión
e
unha das seguintes opcións:
Punto de acceso predet. — Seleccione o punto de acceso para definir a súa
conexión á Internet.
URL do servizo de busca — Defina o URL do servizo de busca de podcast que desexa
utilizar nas buscas.
92 Cartafol de música
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Axustes de descarga
Para editar os axustes de descarga, seleccione
Opcións
>
Axustes
>
Descargar
e
unha das seguintes opcións:
Gardar en — Defina a localización na que desexa gardar os podcasts.
Intervalo de actual. — Permite definir a frecuencia de actualización dos podcasts.
Seguinte data de actual. — Permite definir a data da seguinte actualización
automática.
Hora seguint. de actual. — Permite definir a hora da seguinte actualización
automática.
As actualizacións automáticas só se realizan se se selecciona un punto de acceso
predeterminado específico e se se está executando Nokia Podcasting. Se Nokia
Podcasting non se está a executar, non se activarán as actualizacións automáticas.
Límite de descarga (%) — Permite definir o porcentaxe da memoria que desexa
que se reserve para as descargas de podcasts.
Se supera o límite — Defina que acción desexa levar a cabo se as descargas
superan o límite de descarga.
Configurar a aplicación para recuperar podcasts automaticamente pode implicar a
transmisión de grandes cantidades de datos a través da rede do fornecedor de
servizos. Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos para obter información
acerca das tarifas de transmisión de datos.
Para restablecer os axustes predeterminados, seleccione
Opcións
>
Restaurar
predet.
na vista de axustes.