Nokia 5530 XpressMusic - Teléfono e SIM

background image

Teléfono e SIM

Seleccione

Menú

>

Axustes

e

Teléfono

>

Xestión teléfono

>

Seguridade

>

Teléfono e tarxeta SIM

.

Seleccione unha das opcións seguintes:

Petición de código PIN — Cando esta opción está activa, solicítase o código cada

vez que se acende o dispositivo. É posible que algunhas tarxetas SIM non admitan

a desactivación da solicitude do código PIN.

Código PIN eCódigo PIN2 — Permite cambiar o código PIN e PIN2. Estes códigos

só poden incluír números. Evite o uso de códigos de acceso similares aos números

de emerxencia para evitar unha marcación accidental do número de emerxencia.

Se esquece o código PIN ou o PIN2, póñase en contacto co seu fornecedor de

servizos. Se esquece o código de bloqueo, póñase en contacto cun punto de atención

Nokia Care ou co seu fornecedor de servizos.

Código de bloqueo — O código de bloqueo utilízase para desbloquear o

dispositivo. Para evitar o uso non autorizado do dispositivo, modifique o código de

bloqueo. O código preestablecido é 12345. O código novo pode conter entre 4 e 255

caracteres de lonxitude. Poden utilizarse caracteres alfanuméricos en maiúsculas e

Axustes 171

© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

background image

minúsculas. O dispositivo notifícalle se o código de bloqueo non está formatado

axeitadamente. Manteña o novo código nun lugar secreto e lonxe do dispositivo.

Tempo bloq. autom. tlf. — Para evitar o uso non autorizado, é posible axustar o

tempo de espera que desexa que transcorra para que o dispositivo se bloquee

automaticamente. Os dispositivos bloqueados non se poden utilizar ata que se

introduce o código de bloqueo correcto. Para desactivar o bloqueo automático,

seleccione

Ningún

.

Bloq. se cambia tarx. SIM — Permite axustar o dispositivo para que solicite o

código de bloqueo cando se insire unha tarxeta SIM descoñecida no dispositivo. O

dispositivo mantén unha lista de tarxetas SIM que se recoñecen como tarxetas do

titular.

Bloqueo teléfono remoto — Permite activar ou desactivar o bloqueo remoto.

Grupo usuarios pechado — Permite especificar un grupo de persoas aos que pode

chamar e que poden chamarlle (servizo de rede).

Confirmar servizos SIM — Permite axustar o dispositivo para amosar mensaxes

de confirmación cando está a utilizar un servizo da tarxeta SIM (servizo de rede).