Axustes de chamada
Axustes de chamada
Mediante os axustes de chamada, é posible definir axustes de chamada específicos
no seu dispositivo.
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Chamando
>
Chamada
.
Seleccione entre as seguintes opcións:
Enviar a miña identidade — Seleccione
Si
para amosar o seu número de teléfono
á persoa á que está a chamar. Para empregar o axuste acordado co fornecedor de
servizos, seleccione
Fixar pola rede
(servizo de rede).
Chamada en espera — Permite axustar o teléfono para notificarlle as chamadas
entrantes mentres se atopa noutra chamada (servizo de rede) ou comprobar se esta
función está activada.
Rexeitar chamada mens. — Permite enviar unha mensaxe de texto cando se
rexeite unha chamada na que se informará ao emisor da chamada de por que non
se puido responder a esta.
Texto da mensaxe — Permite escribir a mensaxe de texto estándar que se enviará
ao rexeitar unha chamada.
Rechamada automática — Permite configurar o dispositivo para que realice un
máximo de 10 intentos para conectar a chamada despois dun intento de chamada
sen éxito. Para deter a rechamada automática, prema a tecla Fin.
Amosar duración cham. — Permite amosar a duración dunha chamada durante
a mesma.
Axustes 177
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Resumo tras chamada — Permite amosar a duración dunha chamada despois de
que finalice.
Marcación rápida — Permite activar a marcación rápida.
Calquera tecla responde — Permite activar a resposta mediante calquera tecla.
Liña en uso — Este axuste (servizo de rede) só se amosa se a tarxeta SIM admite
dous números de subscritor, é dicir, dúas liñas de teléfono. Seleccione que liña de
teléfono desexa utilizar para facer chamadas ou enviar mensaxes de texto. As
chamadas de ámbalas dúas liñas poden responderse sen ter en conta a liña
seleccionada. Se selecciona
Liña 2
e non se subscribiu a este servizo de rede, non
poderá realizar chamadas. Cando se selecciona a liña 2, na pantalla de inicio aparece
.
Cambio de liña — Permite impedir a selección de liñas telefónicas (servizo de
rede), sempre que a tarxeta SIM admita esta opción. Para cambiar este axuste,
necesita o código PIN2.
As opcións dispoñibles poden variar.