
Aumento da memoria dispoñible
¿Necesita máis memoria dispoñible no dispositivo para aplicacións e contidos
novos?
Visualización do espazo dispoñible para os distintos tipos de datos
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Xestor fichs.
.
Axuda 17
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

Moitas funcións do dispositivo usan memoria para almacenar datos. O dispositivo
avisa se as distintas memorias se están esgotando.
Aumento da memoria dispoñible
Transfira datos a unha tarxeta de memoria compatible (se se atopa dispoñible) ou
a un ordenador compatible.
Para eliminar datos que xa non necesita, use o Xestor de ficheiros ou abra a
aplicación correspondente. Pode eliminar o seguinte:
•
Mensaxes dos cartafoles de Mensaxería e mensaxes de correo electrónico
recuperadas da caixa de correo
•
Páxinas web gardadas
•
Información de contacto
•
Notas do calendario
•
Aplicacións amosadas no Xestor de aplicacións que non necesita
•
Ficheiros de instalación (.sis ou .sisx) de aplicacións que instalou. Transfira os
ficheiros de instalación a un ordenador compatible.
•
Imaxes e videoclips da Galería. Garde unha copia de seguridade dos ficheiros
nun ordenador compatible.