Aumento da duración da batería
Neste dispositivo existen moitas funcións que aumentan o consumo de enerxía e
reducen a duración da batería. Para aforrar enerxía da batería, teña en conta o
seguinte:
•
O consumo de batería aumenta coas funcións que utilizan a conectividade
Bluetooth, ou cando permite que estas funcións se executen en segundo plano
mentres utiliza outras. Desactive a conectividade Bluetooth cando non a
necesite.
•
O consumo de enerxía da batería aumenta coas funcións que utilizan a rede
LAN sen fíos (WLAN), ou cando se permite que estas funcións se executen en
segundo plano mentres utiliza outras. A WLAN do teléfono Nokia apágase cando
non se tenta a conexión, cando non está conectada cun punto de acceso ou
cando non está buscando redes dispoñibles. Para reducir máis o consumo da
16 Axuda
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
batería, pode especificar que o dispositivo non busque redes dispoñibles en
segundo plano ou que o faga con menor frecuencia.
•
Se seleccionou
Conexión paquetes datos
>
Se está dispoñible
nos axustes
de conexión e non existe cobertura de paquete de datos (GPRS), o dispositivo
tenta establecer periodicamente unha conexión de paquete de datos. Para
aumentar a duración do funcionamento do teléfono, seleccione
Conexión
paquetes datos
>
Se cómpre
.
•
A aplicación Mapas descarga nova información do mapa cando vostede se
despraza ata novas zonas deste, o que aumenta o consumo de enerxía da
batería. É posible evitar a descarga automática de novos mapas.
•
Se a potencia do sinal da rede móbil varía considerablemente na súa zona, o
dispositivo buscará a rede dispoñible repetidamente. Isto aumenta o consumo
da enerxía da batería.
•
A luz de fondo da pantalla aumenta o consumo da enerxía da batería. Nos
axustes de pantalla, é posible axustar o brillo da pantalla e modificar o tempo
de espera tralo cal se apaga a luz de fondo. Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Teléfono
>
Pantalla
>
Brillo
ou
Duración luz
.
•
Deixar que as aplicacións se executen en segundo plano aumenta o consumo
de enerxía da batería. Para pechar as aplicacións que non utiliza, manteña
premida a tecla de menú, manteña seleccionada a aplicación e, a continuación,
seleccione
Saír
. Non todas as aplicacións permiten facer isto.