Manual do Usuario do Nokia 5530 XpressMusic
Edición 5.0
DECLARACIÓN DE CONFORMIDADE
Pola presente, NOKIA CORPORATION afirma que este
produto RM-504 cumpre cos requirimentos básicos e con
outras condicións relevantes da Directiva 1999/5/CE.
Pódese consultar unha copia da Declaración de
conformidade na páxina http://www.nokia.com/phones/
declaration_of_conformity/.
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Nokia, Nokia Connecting People, Nokia Care, Ovi e
XpressMusic son marcas comerciais ou marcas comerciais
rexistradas de Nokia Corporation. Nokia tune é unha
melodía rexistrada de Nokia Corporation. O resto de
produtos e nomes de compañías mencionados neste
documento poden ser marcas comerciais ou nomes
comerciais dos seus respectivos propietarios.
A reprodución, transferencia, distribución ou almacenaxe
de todo ou parte dos contidos deste documento, de
calquera modo e sen o previo consentimento por escrito
de Nokia está prohibido. Nokia opera cunha política de
desenvolvemento continuo e resérvase o dereito a
efectuar modificacións e melloras en calquera dos
produtos descritos neste documento sen previo aviso.
Java and all Java-based marks are trademarks or registered
trademarks of Sun Microsystems, Inc.
Este produto autorízase baixo a licenza MPEG-4 Visual
Patent Portfolio License que permite ao usuario (i) o uso
persoal e non comercial en conexión con información que
se codificou cumprindo co estándar visual MPEG-4 por un
usuario nunha actividade persoal e non comercial e (ii) o
uso en conexión con vídeo MPEG-4 proporcionado por un
fornecedor de vídeo con licenza. Non se concede ningunha
licenza nin se implica para calquera outro uso. É posible
obter información adicional, incluíndo a relacionada cos
usos promocionais, internos e comerciais de MPEG LA, LLC.
Visite a páxina http://www.mpegla.com.
NA MÁXIMA MEDIDA PERMITIDA POLA LEXISLACIÓN
APLICABLE, NIN NOKIA NIN NINGÚN DOS SEUS LICENZANTES
SE RESPONSABILIZARÁ BAIXO NINGUNHA CIRCUNSTANCIA DA
PERDA DE DATOS OU INGRESOS NIN DE NINGÚN DANO
ESPECIAL, INCIDENTAL, CONSECUENTE (LUCRO CESANTE)
INDIRECTO, INDEPENDENTEMENTE DA SÚA CAUSA.
OS CONTIDOS DESTE DOCUMENTO FORNÉCENSE "TAL CAL".
SALVO QUE ASÍ O ESIXA A LEI APLICABLE, NON SE OFRECERÁ
NINGÚN TIPO DE GARANTÍA, EXPRESA OU IMPLÍCITA,
INCLUÍDA, PERO SEN LIMITARSE A ELA, A GARANTÍA IMPLÍCITA
DE COMERCIABILIDADE E ADAPTACIÓN A UN PROPÓSITO
CONCRETO CON RESPECTO Á EXACTITUDE, FIABILIDADE E
CONTIDO DESTE DOCUMENTO EN CALQUERA MOMENTO SEN
PREVIO AVISO. NOKIA RESÉRVASE O DEREITO DE REVISAR OU
RETIRAR ESTE DOCUMENTO EN CALQUERA MOMENTO SEN
PREVIO AVISO.
A enxeñería inversa do software do dispositivo está
prohibida na medida permitida pola lexislación aplicable.
Na medida en que esta guía de usuario contén limitacións
nas representacións, garantías, danos e responsabilidade
de Nokia, é moi probable que as limitacións mencionadas
limiten as representacións, as garantías e os danos e
responsabilidades dos outorgantes de licenza de Nokia.
É posible que as aplicacións doutros fabricantes fornecidas
co dispositivo foran creadas e sexan propiedade de
persoas ou entidades non asociadas nin relacionadas con
2
Nokia. Nokia non é propietaria dos dereitos de autor nin
de propiedade intelectual das aplicacións de terceiras
partes. Debido a esta razón, Nokia non se responsabilizará
da asistencia técnica ao usuario, da funcionalidade das
aplicacións nin da información contida nas aplicacións nin
nos materiais. Nokia non ofrece ningunha garantía sobre
as aplicacións de terceiras partes. MEDIANTE O USO DAS
APLICACIÓNS, VOSTEDE ADMITE QUE AS APLICACIÓNS
FORNÉCENSE “TAL CAL”, SEN GARANTÍAS DE NINGÚN TIPO,
TANTO EXPRESAS COMA IMPLÍCITAS, NA MÁXIMA MEDIDA
PERMITIDA POLA LEXISLACIÓN APLICABLE. TAMÉN RECOÑECE
QUE NIN NOKIA NIN AS SÚAS COMPAÑÍAS FILIAIS OFRECERÁN
GARANTÍA NIN REPRESENTACIÓN ALGUNHA, EXPRESA OU
IMPLÍCITA, INCLUÍDA, PERO SEN LIMITARSE A ELA, A
GARANTÍA DE TÍTULO, DE CAPACIDADE COMERCIAL E
ADAPTACIÓN A UN PROPÓSITO CONCRETO, NIN QUE AS
APLICACIÓNS NON INFRINXAN AS PATENTES, DEREITOS DE
AUTOR E MARCAS COMERCIAIS OU DEMAIS DEREITOS DE
TERCEIRAS PARTES,.
A dispoñibilidade de aplicacións, produtos e servizos
concretos pode variar segundo a rexión xeográfica.
Póñase en contacto co seu distribuidor Nokia para coñecer
os detalles e a dispoñibilidade dalgúns idiomas. Este
dispositivo pode conter elementos, tecnoloxía ou
software suxeitos á lexislación de exportación e ás
normativas dos Estados Unidos e doutros países. Queda
prohibida calquera alteración contraria ás disposicións da
lexislación correspondente.
AVISO DO INDUSTRY CANADA/FCC
É posible que o dispositivo provoque interferencias nos
televisores ou aparatos de radio (por exemplo, se utiliza
un teléfono preto dun equipo receptor). É posible que a
FCC ou Industry Canada esíxanlle que deixe de utilizar o
teléfono no caso de que non se poidan eliminar as
mencionadas interferencias. Se necesita asistencia
técnica, póñase en contacto co centro de servizo técnico
local. Este dispositivo cumpre coa sección 15 do
regulamento da FCC. O seu funcionamento está suxeito ás
dúas condicións seguintes: (1) Este dispositivo non debe
provocar interferencias perigosas e (2) este dispositivo
debe aceptar as interferencias recibidas, incluídas as que
provoquen un funcionamento non desexado. Calquera
cambio ou modificación que non se aprobe de xeito
expreso por Nokia podería anular a autorización do
usuario para utilizar este equipo.
Número de modelo: 5530
/Edición 5.0 GL
3